Actualidade e Noticias



Cociña en directo este sábado na cita mensual coa Mostra de Produtos de Covelo
- 30/09/2022 -

A praza Mestre Cerviño acolle este sábado día 1 de outubro unha nova edición da Mostra de Produtos a patir das dez da mañá
Organizada polo Concello de Covelo, en colaboración coa Deputación de Pontevedra o Concello de Covelo acolle este sábado día 1 de outubro unha nova cita coa Mostra de Produtos. De once da mañá a dúas da tarde a praza Mestre Cerviño acollerá postos de artesanía, xoiaría, cestaría, maquetería, alimentación, plantas e todo tipo de produtos locais.

A Mostra de Produtos de Covelo celébrase cada primeiro sábado de mes co obxectivo de conectar produtores e vendedores locais cos clientes, veciñanza e visitantes que deciden disfrutar da fin de semana no concello.

A partir das once da mañá terá lugar a actividade de cociña en directo con degustación e concerto para amenizar a sesión vermú ás 13 horas.

A concelleira de Cultura, Lourdes Enes, anima a participar a todas as persoas nesta feira na que tamén poden gozar da gastronomía galega.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade