Actualidade e Noticias



Curso de manipulación, transformación e comercialización de produtos do medio rural na Lamosa
- 14/09/2022 -

O curso está dirixido tanto a persoas en desemprego como activas e impartirase
de 16:30 a 20:30 horas
 A concelleira de Formación e Emprego, Lourdes Enes, informa da celebración dun curso de manipulación, transformación e comercialización de produtos vinculados co medio rural. O curso terá lugar os días 26-27-28-29 e 30 de setembro de 2022 de 16.30 h a 20.30 h na casa cultural da Lamosa, Covelo.

O prazo de inscricións xa está aberto e deberán formalizarse no número de teléfono do Concello de Covelo 986650027 (ext. 4) ou 986594033 de luns a venres de 8.00 h a 14.00 h.

Este novo curso ofértase para un máximo de 15 participantes en situación de desemprego ou traballadores/as en activo.

Esta é unha iniciativa do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación realizado en colaboración co Concello de Covelo.

A concelleira de Formación e Emprego, Lourdes Enes, convida a toda a cidadanía interesada a participar nestes cursos que se ofrecen de balde e que contribúen a adquirir novos coñecementos e habilidades para un mellor aproveitamento dos recursos dos fogares do rural e para ofrecer ferramentas que axuden a un mellor posicionamento no mercado laboral.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade