Co obxectivo de mellorar a seguridade no camposanto e evitar unha maior degradación, o Concello de Covelo executará obras por valor de 6.997,61€ financidadas con fondos propios permitindo unha mellora continua dos servizos públicos municipais.
O Concello intervirá no panteón central, de 13,50 m. de largo x 5,10 m. de profundidade, reparando o acabado exterior, mediante rexuntado entre pezas con morteiro hidrófugo, subministro e colocación de pezas de granito, similares ás existentes.
As restantes reparacións previstas consistirán na consolidación de parte do terreo na esquina norte do camposanto, entre o panteón lateral oeste e o norte. Antes de proceder a estas obras, retirarase a terra semidura do terreo natural, para posteriormente realizar a estabilización de terreo con murete de formigón armado sobre zapata, entre outras accións técnicas.