Noticias
Bases Becario/a Turismo
- 29/03/2010 -

DECRETO DA ALCALDÍA

 

ASUNTO: CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DUNHA BOLSA DE ESTUDIO OU BECA PARA A REALIZACIÓN DE  CATRO MESES DE  PRÁCTICAS NA OFICINA DE TURISMO DE COVELO Ó ABEIRO DAS AXUDAS DO PADROADO PROVINCIAL DE TURISMO “RÍAS BAIXAS”

 

Este Concello solicitou subvención ante o Padroado Provincial de Turismo “Rías Baixas” ó abeiro das bases publicadas no Boletín Oficial da Provincia de data 11 de febreiro de 2010 para a concesión dunha beca para a realización de 4 MESES de prácticas na oficina de turismo de COVELO.

 

O carácter temporal desta beca fai que se aproben os seguintes criterios para a selección do seu destinatario, que en todo caso garanten suficientemente os principios de igualdade, mérito e capacidade, de obrigado cumprimento.

 

Así, de conformidade co sinalado no artigo 21.1.g) da Lei 7/85, DISPOÑO:

 

1º. Aproba-la correspondente beca anteriormente mencionada.

2º. Aproba-los seguintes criterios e procedemento ós que se axustará a selección do/a becario/a, sendo imprescindible cumprir cos requisitos de  titulación referente a cada posto: diplomados/as en turismo ou técnico superior de información y comercialización turística, e tendo en conta a posibilidade de aumenta-la puntuación segundo o baremo exposto a continuación.

 

1.- OBXETO DA CONVOCATORIA

 

            Ofertar  unha beca ou bolsa de estudio a un diplomado/a en Turismo ou  técnico superior de información y comercialización turística  para o desenvolvemento das actividades de información, animación  e promoción turística do municipio de COVELO que leve a cabo o Concello ou organicen outras Administracións, organismos autónomos ou outras entidades, públicas ou privadas coas que o Concello decida colaborar ou intervir.

            No suposto de que o Concello obteña outras mais becas para a realización das referidas actividades estas poderán ser adxudicadas ás persoas que obtiveran a maior puntuación no presente concurso, sen necesidade de efectuar unha nova convocatoria.

 

2.- CONDICIONS DOS ASPIRANTES

 

2.1. Para ser admitidos á realización do proceso selectivo os aspirantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

·        Ser español/a ou cidadá de calquera dos estados membros da Comunidade Europea.

·        Ter cumpridos 16 anos de idade.

·        Estar en posesión do título de diplomado/a en turismo ou técnico superior de información e Comercialización turística.

·        Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desenvolvemento das funcións propias do posto para o que se selecciona.

·        Non estar separado do servicio de ningunha administración pública en virtude do expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado, por sentencia firme, para o exercicio de funcións públicas.

·        Non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade sinalados na lexislación vixente.

 

2.2. Todos os requisitos esixidos no apartado anterior deberán posuílos os aspirantes o día do remate do prazo para a presentación de solicitudes e conservalos, a lo menos, ata a data da súa contratación.

 

3.- CONTÍA

 

            O importe total da beca é de 5.220,00 €, que serán satisfeitos en meses vencidos  a razón de 7,5 € / hora traballada , computadas dende a data de inicio da actividade.

Segundo as bases publicadas polo Padroado de Turismo “Rías Baixas”, correspóndelle a este Concello a achega económica do 50%  da beca.

No suposto de que o beneficiario da bolsa renuncie á mesma unha vez outorgada, abonaráselle a cantidade correspondente ós días transcorridos ata que se produza a renuncia.

 

4.- NATUREZA DA BECA

 

            O becario non terá relación laboral nin contractual co Concello nin será incluído na seguridade Social. No obstante, o Concello formalizará un seguro individual de accidentes a favor do/a beneficiario/a beca que cubra o risco durante o período de duración da mesma.

 

5.- DURACIÓN

 

            O período de duración das actividades a realizar será de CATRO MESES contados a partir da data de inicio. A xornada será de 8 horas diarias, distribuíndose estas en función das actividades nas que o Concello organice ou participe.

 

6.- TAREFAS

 

            As tarefas que desenvolverán os becarios consistirá en tarefas de información, animación e promoción turística do Concello de COVELO.

 

7.- PUBLICIDADE

 

            Se dará publicidade a convocatoria desta beca coa publicación das bases no taboleiro de anuncios do Concello, da páxina web do mesmo e cun anuncio no Faro de Vigo.

 

8.- SOLICITUDES

 

         As solicitudes para participar no concurso deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas ou en calquera das formas admitidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992 , de 26 de novembro , de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común no prazo de 5 días hábiles dende o día seguinte á publicación do anuncio desta convocatoria na prensa local. Se algún dos interesados fixera uso da facultade de presentar as súas ofertas por correo ou noutra oficina administrativa distinta da local, ao abeiro do que dispón o artigo 80 do RXCAP, deberá acreditar co resgardo correspondente, a data de imposición do envío na Oficina de Correos ou na oficina administrativa , e anunciar o mesmo día ao Concello por télex, fax ou telegrama a remisión da documentación, xunto con copia do antedito resgardo. Sen cumprir ditos requisitos non será admitida a documentación no caso de recepción fóra do prazo fixado no anuncio de convocatoria.Transcorridos 2 días hábiles desde a data indicada sen ter recibida a documentación, esta non será admitida en ningún caso.

As instancias irán acompañadas dos seguintes documentos:

·        Fotocopia compulsada do D.N.I.

·        Fotocopia compulsada do título académico.

·        Certificado do expediente académico e Currículo vitae xuntando a documentación acreditativa dos méritos alegados.

·        Informe de vida laboral.

·        Contratos ou certificados de servicios prestados

·        Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fora seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que dure a bolsa

.

Os solicitantes indicarán na instancia os seus datos persoais e deberán facer constar un teléfono de contacto para realizar o chamamento para calquera citación relacionada con esta selección.

 Rematado o prazo de presentación de instancias se ditará Resolución coa declaración dos aspirantes admitidos, composición da Comisión Cualificadora e sinalamento da data de realización das probas de valoración, Resolución que se publicará no taboleiro de anuncios do Concello.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de 3 días, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder corrixir ou emendar, de ser o caso, o defecto que motivase a exclusión.  No suposto de que se produzan reclamacións deberá dictarse nova resolución estimándoas ou desestimándoas coa publicación da lista definitiva no taboleiro de anuncios do concello.

O feito de figurar incluído na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento selectivo convocado, os cales deberán de ser xustificados documentalmente no suposto de que os aspirantes admitidos superen as probas selectivas.

 

9.- COMISIÓN DE SELECCIÓN

 

            Para poder valorar os méritos achegados polos  interesados constituirase unha comisión de selección, que estará integrada polos seguintes membros:

 

·        Presidente: Secretaria- Interventora  do Concello.

·        Vocal:  Funcionario auxiliar adscrito a Secretaría .

·        Vocal:  Auxiliar de Desenvolvemento Local.

·        Vocal: Técnico do Padroado de turismo “Rías Baixas”.

·        Secretario: Funcionario adscrito á Intervención.

 

A comisión seleccionadora reunirase  dentro dos quince días seguintes a data do

remate da presentación das solicitudes as 10:00 horas para a baremación dos méritos aportados e celebración da entrevista persoal.

 

9.- VALORACIÓN DE MERITOS

 

            O proceso selectivo estará composto dunha fase de concurso e dunha entrevista persoal. Na fase de concurso os méritos a valorar serán os seguintes:

 

9.1. A selección do bolseiro efectuarase mediante a valoración dos méritos acreditados polos interesados segundo o seguinte baremo:

a)      Expediente académico, ata un máximo de cinco (5)puntos.

b)      Asistencia a cursos, ata un máximo de dous (2) puntos.

·        b.1.—Por ter realizado cursos de especialización relacionados coas materias obxecto da bolsa, ata un máximo de dous (2) puntos.

c)      Coñecemento de idiomas, ata un máximo de dous (2) puntos.

·        c.1.— Por cada curso de idiomas impartido en centros ou colexios oficiais, de 60 horas de duración como mínimo, 0,20 puntos, ata un máximo de dous (2) puntos.

d)      Experiencia profesional, relacionada coa temática da bolsa obxecto desta convocatoria, un (1) punto por ano o fracción superior a 6 meses.

 

9.2 Os tres aspirantes con maior puntuación, pasarán a realizar unha entrevista persoal, que será valorada ata un máximo de cinco (5) puntos,  na que  se tratarán todos aqueles aspectos relacionados coas funcións a desenvolver no posto, funcionamento da oficina de turismo.

A Comisión poderá, en calquera momento, convocar ós solicitantes para aclaracións que teñan relación coa documentación do seu currículo.

 

Aquel/a que obteña a máxima puntuación, será proposto/a á Alcaldía.

 

A Resolución de Alcaldía será notificada ó/á interesado/a.

 

11.- SUSTITUCIÓNS

 

No caso de que se produza a renuncia por parte da persoa que resulte adxudicataria, o Concello procederá ó nomeamento do seguinte peticionario que obtivese maior puntuación, polo tempo que reste ata a finalización do período de duración da beca, reducíndose proporcionalmente a contía da beca e procedéndose do mesmo xeito en renuncias consecutivas.

 

12.- OBRIGAS DO BOLSEIRO

 

            Os beneficiarios das becas deberán presentar ó finalizar o período da beca unha memoria na que se recolla unha referencia dos traballos realizados, unha valoración dos recursos turísticos ofertados, demandas dos turistas, deficiencias dos servicios e proposta de accións para mellora.-la oferta turística.

 

Covelo, 24 de marzo de 2010

 

O ALCALDE                          Ante min, A SECRETARIA

 

 

 

 




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade