A saída será dende a praza de Covelo ás 10.00 h, neste punto afondarase na historia do Cruceiro de Covelo para logo saír rumbo a Lourido e descubrir os Pasos de Lourido. A continuación visitarán a Casa Museo Etnográfico Pazo da Cruz, o Dolmen de Rebordechán-Graña, a Casa Museo Leónides (Graña) e a ponte do rio Cabras, tamén na Graña.
O escritor e etnógrafo Maximino Fernández Sendín guiará aos e ás participantes pola historia de Covelo para gozar dunha xornada de lecer e aprendizaxe.