News
Conservación e mantemento da rede municipal de roteiros do concello de Covelo 2021
- 05/05/2021 -


Nos últimos anos o Concello de Covelo creou una rede municipal de roteiros coa intención de por en valor o patrimonio natural, cultural, etnográfico e arqueolóxico que na actualidade é un dos principais atractivos turísticos do concello. Ditos roteiros necesitan a realización periódica de traballos de conservación, limpeza e mantemento, sinalización e promoción dos percorridos para que se encontren en bo estado e sexan atractivos para os residentes e visitantes. Estes traballos estan financiados pola Deputación de Pontevedra ao abeiro da liña 2 do Plan Concellos 2021; o importe da subvención concedida a tal efecto ascende a cantidade de 10.164,00€.

Os traballos consistiron en:
1.Roza manual e recollida de lixo na Rede Municipal de Roteiros (RMR)
2.Roza manual e recollida de lixo no trazado da Vía Mariana no seu paso polo Termo Municipal de Covelo
3.Traballos de conservación e mantemento dos elementos de sinalización da RMR e Vía Mariana


Enlace a RMR aquí:www.concellodecovelo.es/rmr/



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade