Dentro das políticas do Concello de Covelo de impulso do uso de enerxías renovables e redución de emisións de CO2, búscase dar a posibilidade aos veciños de ter infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos incentivando desta forma a adquisición deste tipo de vehículos.
Para iso decídese instalar un cargador en espazo público nas inmediacións do campo de
futbol municipal.