Novas
Estación de Carga Para Vehículos Eléctricos
- 18/11/2021 -
O Concello de Covelo pon a disposición da veciñanza a primeira zona de Carga de Vehículos Eléctricos.
Realizouse con fondos propios e subvención da Vicepresidencia Segunda e a Consellería de Economía, empresa e innovación.
Estará situado na Carballeira do Campo da Feira ao carón do Campo de Fútbol de Covelo.
Ata aprobar a ordenanza de cobro por uso libre das instalacións, de forma provisional establécese o seguinte procedemento:
  • Poderana utilizar gratuitamente aquelas persoas empadroadas no Concello de Covelo e que sexan titulares dun vehículo eléctrico no IVTM municipal.
  • Para poder acceder ao dispositivo de carga deberase solicitar previamente nas oficinas municipais as tarxetas de activación que serán persoais e intransferibles.




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade