Present News



Cita de cine esta fin de semana en Barcia de Mera
- 25/08/2022 -

Dentro da programación Verán Cultural o Concello de Covelo convida a unha nova sesión de cine ao aire libre
Dentro da programación Verán Cultural, o Concello de Covelo convida a unha nova sesión de cine ao aire libre este sábado día 27 ás 22:30 horas.

Coa intención de achegar a programación cultural a todas as parroquias a sesión de cine será na pista deportiva de Barcia de Mera.

O público poderá gozar da gran pantalla coa película “Padre no hay más que uno 2, la llegada de la suegra” del director Santiago Segura y guión de Marta González de Vega.

Esta comedia familiar para todos los públicos poderase desfrutar totalmente de balde.

SINOPSE: Co trunfo da asistente virutal Conchi', Javier (Santiago Segura) convértese no líder do chat de nais e todo marcha sobre rodas. Semella telo todo baixo control pero a nova inesperada da chegada dun novo bebé pon todo patas arriba. E para rematar, chegará a sogra.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade