Punto de Información á Muller e proxección de "te doy mis ojos" de Icíar Bollaín.
- 27/11/2006 -
O martes, 28 de novembro as 4 da tarde no Auditorio do Concello de Covelo e con motivo do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres ( que se celebra o 25 de novembro), o Concello de Covelo organiza un acto có seguinte contido:
1. Presentación do Punto de Información á Muller: Novo programa que se pon en funcionamento con persoal especializado en temas de muller. Atención persoal e individualizada os martes de 9 a 11 nas oficinas municipais dos Servicios Sociais de Atención Primaria.
2. Proxección da película: €Te doy mis ojos€; de Icíar Bollaín; con Laia Marull, Luis Tosar, Candela Peña, Rosa María Sardà y Kity Manver.
3. Posta en común ou pequeno debate.
Gustaríanos contar coa vosa presencia.