O Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión do día 15/12/2020, aprobou as “Bases reguladoras e convocatoria do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2021”. Ao abeiro da devandita subvención, o Concello de Covelo solicita e recibe unha axuda para o “Desenvolvemento do planeamento secundario. Plan especial de reforma interior do ámbito do solo urbano non consolidade do polígono de execución urbanística P.E.U.-1”.
O citado plan permitirá a apertura dun vial que comunique a zona do campo da feira coa Travesía de Vigo. A parte de servir de itinerario alternativo de circunvalación da praza Mestre Cerviño, supón a ordenación e urbanización da zona, a dotación de servizos urbanísticos básicos e a creación de prazas de aparcamento.