Actualidade e Noticias



Excursión guiada para coñecer mellor o patrimonio etnográfico de Covelo
- 08/08/2022 -

O escritor e etnógrafo Maximino Fernández Sendín guiará aos e ás participantes pola Casa-Museo etnográfico Pazo da Cruz, pola praia fluvial de Maceira, pola Casa-Museo Leonides, polo Dolmen de Rebordechán-Graña e polo santuario da Xestosa
O Concello de Covelo convida a coñecer parte do seu patrimonio etnográfico e participar na excursión "En Ruta Coñecer Covelo" o sábado día 13. A inscrición xa está aberta e poderase realizar contactando nos números de teléfono 646 600 059 / 629 14 17 15. Patrocinada pola Deputación de Pontevedra e organizada polo Concello e a Casa-Museo etnográfico Pazo da Cruz, a excursión ten un custo de sete euros e inclúe o seguro.


A saída será dende a praza Mestre Cerviño de Covelo ás 10.00 h donde o etnógrafo e escritor Maximino Fernández Sendín procederá á explicación da simboloxía e elementos do cruceiro da praza. A continuación desprazaranse en autobús ao barrio da Ermida para visitar a Casa-Museo Etnográfico Pazo da Cruz, considerado segundo Sendín un dos museos etnográficos máis importantes de Galicia, reúne máis de seis mil pezas de gran valor histórico nunha casa de máis de catro séculos. De aí os e as excursionistas visitarán a praia fluvial de Maceira. A seguinte parada será na Graña para visitar o dolmen de Rebordechán e a Casa-Museo Leonides que é a vivenda tradicional máis primitiva da comarca, conta cunha eira de mallar o centeo. A viaxe remata coa visita ao santuario da Xestosa, lugar de devoción preto do nacemento do río Tea. Ás 14:30 estarán de regreso na praza Mestre Cerviño de Covelo.


No percorrido en autobús será obrigatorio o uso da mascarilla. Máis información na páxina do Concello




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade