A saída será dende a praza Mestre Cerviño de Covelo ás 10.00 h donde o etnógrafo e escritor Maximino Fernández Sendín procederá á explicación da simboloxía e elementos do cruceiro da praza. A continuación desprazaranse en autobús ao barrio da Ermida para visitar a Casa-Museo Etnográfico Pazo da Cruz, considerado segundo Sendín un dos museos etnográficos máis importantes de Galicia, reúne máis de seis mil pezas de gran valor histórico nunha casa de máis de catro séculos. De aí os e as excursionistas visitarán a praia fluvial de Maceira. A seguinte parada será na Graña para visitar o dolmen de Rebordechán e a Casa-Museo Leonides que é a vivenda tradicional máis primitiva da comarca, conta cunha eira de mallar o centeo. A viaxe remata coa visita ao santuario da Xestosa, lugar de devoción preto do nacemento do río Tea. Ás 14:30 estarán de regreso na praza Mestre Cerviño de Covelo.
No percorrido en autobús será obrigatorio o uso da mascarilla. Máis información na páxina do Concello