“Clientes de hoteis, casas de turismo rural e complexos hoteleiros consultan estas publicacións que se atopan en moitos dos aloxamentos de Galicia. Por un lado a revista Tierra que adica as súas páxinas a salientar, entre outros aspectos, os lugares e paisaxes máis fermosos e, por outro lado, laguiaGO de actualidade de lecer e cultura que está posicionada tamén nos aloxamentos e é un referente de consulta da oferta para o tempo libre”, explica a concelleira Lourdes Enes.
Deste xeito o Concello da a coñecer o noso patrimonio medio ambiental, cultural, etnográfico e arquitectónico ofrecendo ao público un espazo natural no que gozar da natureza, da boa gastronomía, do patrimonio, da tranquilidade, das rutas de sendeirismo, dos ríos e praias fluviais e das nosas xentes.
Esta iniciativa súmase á campaña de promoción turística realizada ao longo de todo o ano e intensificada a partir da primavera nas principais vallas publicitarias e pantallas dixitais da cidade de Vigo, a participación na Feira Internacional de Turismo (FITUR) é ás colaboracións en prensa con distintas publicacións e guías impresas e on line.