Actualidade e Noticias



O Campus Multideporte de Covelo contribuíu, un ano máis, á conciliación familiar e laboral
- 02/08/2022 -

Trinta nenos e nenas participaron no campus multideporte do Concello de Covelo
Facilitar a conciliación familiar e laboral foi o obxectivo dunha nova edición do Campus Multideporte do Concello de Covelo. Trinta nenas e nenos participaron durante todo o mes de xullo nas diferentes actividades ofertadas.


Cada mañá, de 10 a 14 horas, desfrutaron de xogos, rutas, diferentes deportes, obradoiros, saídas e refrescáronse na piscina municipal.


Na procura constante de ofrecer máis e mellores servizos públicos o alcalde, Pablo Castillo, explica que é unha prioridade para o goberno local ofertar todos os servizos posibles na localidade para facilitar o día a día da veciñanza e, ademais, facer posible que novas familias poidan apostar por Covelo.




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade