Novas
Transporte escolar compartido para os veciños TES+BUS
- 05/12/2008 -
Dende o Concello de Covelo infórmase da posta en marcha dende o 24 de novembro de 2008 do servicio de transporte escolar compartido que permite que, nas rutas indicadas, calquera persoa do municipio poderá dispor das prazas libres do transporte escolar nos traxectos que se recollen a continuación: Recorrido A Ermida â€â€œ Piñeiro: A Ermida, Piñeiros, Pazos, Lourido, Redondo (Pedrafurada), Barcia de Mera, Peneda, Os Oleiros, Piñeiro da Igrexa, Piñeiro de Areas. Recorrido Maceira â€â€œ Bugariña: Maceira (Fielato), Figueiroa, Godóns, Fondo de Vila, Prado, Os Loureiros, Chan de Souto, Bugariña. Os usuarios do servicio atenderán sempre as indicacións da persoa acompañante dos escolares que viaxan no autobús. Os días e horario do servicio serán os do transporte escolar, e poderase subir ou baixar do autobús en calquera das paradas da ruta escolar. Non se poderán subir ao autobús con vultos ou equipaxes voluminosas ou molestas, a criterio da persoa que conduza ou do acompañante dos escolares. O prezo de cada viaxe é de 1 euro.


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade