O Concello de Covelo apoia proxectos na India e Centroamérica.
A asociación de concellos e deputacións (Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade) aprobaron o Plan de Actividades 2021 na Asemblea Xeral celebrada hoxe coincidindo co Día Mundial da Saúde.
Entre os acordos acadados esta mañá na Asemblea Xerak do Fondo Galego, na que se decidiu destinar preto de 100.000 euros a catro proxectos de ONG galegas en países do Sur, entre outras resolucións.
A Fundación Vicente Ferrer, Amigos da Terra, Solidariedade Internacional e Agareso impulsarán accións en materia de Vivenda, pesca, educación e xénero en Centroamérica e na India.