Axenda
Parroquia a Parroquia. Toponimia no Concello de Covelo. Volume Barcia de Mera
- 26/03/2021 -

O Concello de Covelo percibiu unha subvención para Estudos e publicacións sobre sociolingüística e xornadas e publicacións de recuperación da toponimia ao abeiro da subvención da Deputación de Pontevedra para “Actividades de dinamización da lingua galega. Convocatoria 2020”.

A efectiva realización da actividade denominada “Parroquia a Parroquia. Toponimia no Concello de Covelo” supuxo por en valor a microtoponia do termo municipal de Covelo. Aínda que o corpo central da publicación detense nos aspectos lingüísticos e sociolingüísticos dos nomes recollidos, é importante sinalar que tamén foron obxecto de atención os demais aspectos relacionados coa tradición e a historia dos lugares referenciados.

O que se conseguiu foi darlle difusión en distintos formatos á esfera micro dos nomes, ás historias das fontes, dos cruces, das levadas, dos eidos e das vidas dos veciños da parroquia de Barcia de Mera; sendo este o primeiro volume que se edite dunha colección de 14 (un por cada parroquia de Covelo).

Tanto os exemplares do libro como o material audiovisual estarán a disposición dos veciños e veciñas de Covelo proximamente.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade