Novas
Participación veciñal para a mellora do Inventario de Bens do Patrimonio Etnográfico, Arquitectónico, Arqueológico e Natural.
- 05/12/2008 -
Dende o Concello de Covelo consideramos que a defensa e posta en valor do noso patrimonio é unha responsabilidade de todos/as. Dende as institucións e os particulares, debemos de contribuír á revalorización deste rico patrimonio, referencia dun pasado común e dunha forma de vida que se caracterizaba pola relación coa natureza e a necesidade de repetir os ciclos productivos ó longo do tempo como exemplo de prácticas sostibles. Disponse xa dun un Inventario do Patrimonio Arquitectónico, Etnográfico e Arqueolóxico recentemente actualizado, que pode ser enriquecido coa incorporación de novos elementos. Con este obxecto solicitamos a participación de tódolos/as veciños/as do concello para identificación dos bens que puidesen non estar recollidos e así poder incorporalos ó inventario existente. Para poder participar, existen dúas canles posibles, tanto achegándose á Axencia de Sostibilidade sita na casa Reitoral de Santa Mariña (Xoves de 9 a 14 h. teléfono 986650324) onde dúas técnicas atópanse traballando neste proxecto, ou mediante a súa participación no foro da Axencia, a través do enderezo: www.concellodecovelo.es/sostible/. Esperando a súa colaboración, o persoal da Axencia de Sostibilidade está a disposición de tódolos/as veciños/as para resolver calquera dúbida ou aportar a información que lles sexa necesaria.


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade