Este venres, títeres na praza Mestre Cerviño de Covelo
- 01/08/2022 -
Dentro da programación do Verán Cultural o Concello de Covelo organiza unha sesión de monicreques da iniciativa Ler Conta Moito
O Concello de Covelo convida a todas as nenas e nenos a participar na sesión infantil deste venres día 5 de agosto na praza Mestre Cerviño. A partir das 20:30 horas “Títeres Cachirulo” aterrará na praza parar presentar o seu espectáculo de monicreques “O Cachimóbil: a cabeza do dragón”, unha divertida obra de Valle-Inclán coa que viaxar ao mundo da ilusión coas máis pequenas e pequenos da vila.
Esta actividade forma parte da iniciativa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e encádrase na programación do Verán Cultural do Concello de Covelo que contempla actividades para todos os públicos repartidas entre o centro urbano e as parroquias.