Actualidade e Noticias



Sábado con sabor doce no Concello de Covelo. Ven e degusta os seus postres!
- 29/07/2022 -

Dentro da programación do Verán Cultural o Concello de Covelo resolverá mañá os concursos das súas festas patronais e celebrará a primeira xornada das sesións de cine na rúa
O Concello de Covelo resolverá este sábado día 30 os concursos convocados con motivo das súas festas patronais. Deste xeito Covelo promove a creatividade en distintos concursos de temática libre que valoran artes como a fotografía, o debuxo ou a repostería.


O sábado a partir das 20 horas na praza Mestre Cerviño poderanse degustar os postres do concurso de repostería e coñeceremos, tamén, as e os gañadores dos concursos de fotografía, debuxo e repostería convocados en distintas categorías.


O Concello de Covelo repartirá 450€ en premios, “cada ano convocamos estes concursos que pretenden fomentar a creatividade e valorar o talento das persoas con inquedanzas artísticas”, explica a concelleira de cultura, Lourdes Enes.


A continuación, ás 22:30 horas dentro da programación do Verán Cultural de Covelo, comezará a primeira sesión de cine na rúa coa película “Trasto, de la mansión a la calle”, actividade que conta co apoio da Deputación de Pontevedra.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade