Novas
Exposición; Galicia, Conservando a Natureza
- 04/12/2008 -
Exposición; "Galicia, conservando a natureza" A Axencia de Sostibilidade do Concello de Covelo sita na Reitoral de Santa Marina, acolle a exposición titulada "Galicia, conservando a natureza". A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia, pretende, con esta exposición, sensibilizarnos a todos/as da importancia que teñen os espazos naturais protexidos a hora da conservación da nosa biodiversidade, un patrimonio único e irrepetible, que temos a obriga de preservar para as xeracións furutas. Os habitantes dos espazos naturais protexidos deben coñecer os valores tanto ambientais como patrimoniais polos cales estos espazos acadaron e se fixeron merecedores da súa protección. Esta exposición estará aberta na Axencia de Sostibilidade de Covelo na Reitoral de Santa Marina os días 10,11 e 12 de decembro de 2008, en horario de 10:00 a 14:00 horas da mañá. Dende a Axencia de Sostibilidade do Concello de Covelo vos animamos a todos/as a visitar esta exposición.


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade