Para está inclusión no programa considerouse a situación e o compromiso coa sostibilidade do municipio xa que parte del esta integrado na Rede Natura a través do río Tea, existe una Axenda Local 21 en marcha, un polígono industrial con plan parcial aprob
- 27/11/2006 -
O concello de Covelo entre os 13 municipios de Galicia nos que se desenvolverá o programa piloto denominado Núcleos de Sostibilidade Integrada: Un instrumento para o desenvolvemento local.
Para está inclusión no programa considerouse a situación e o compromiso coa sostibilidade do municipio xa que parte del esta integrado na Rede Natura a través do río Tea, existe una Axenda Local 21 en marcha, un polígono industrial con plan parcial aprobado e estudio de sostibilidade realizado pola Universidade de Vigo, serras do Suído e o Faro e múltiples paraxes de interés ecolóxico e medioambiental e, según a propia Consellería; "un gran potencial no desenvolvemento de actividades de promoción da naturaleza".
O programa dos núcleos sostibles arrincará coa a creación da Axencia de Sostibilidade Local, que servirá de nexo de unión entre as administracións local e autonómica. A axencia disporá de sé propia, en dependencias municipais, e será a encargada de organizar as actividades que se levarán a cabo a nivel municipal, con carácter xeral e no sector privado. A duración do programa e de tres anos e disporá dun orzamento de 242.800 € no que o concello aportará de un 12 a un 15% da financiación.
As actuacións que se desenvolverán en cada núcleo serán, entre outras, as seguintes: posta en marcha da mellora da organización interna e a implantación de sistemas de xestión ambiental e formación de técnicos nos concellos; sensibilización e a educación sobre a sostibilidade entre a cidadanía; fomento a implantación de boas prácticas na xestión ambiental das empresas locais; elaboración ou desenvolvemento das Axendas 21 locais, posta en marcha do programa da Axenda 21 escolar e execución dos proxectos prioritarios identificados nos correspondentes plans de acción.
Así mesmo, a creación destas áreas, as identificará como preeminentes na percepción de axudas ou na execución de investimentos de carácter medioambiental tanto por parte da consellería como do resto de departamentos autonómicos que teñan relación coa execución do Plan Integrado de Sostibilidade Local, así como do Ministerio de Medio Ambiente.
A creación dos núcleos implicará un maior grado de participación dos actores sociais, motivo polo que se constituirá tamén un Comité de xestión do núcleo, integrado por grupos, asociacións e empresas, ademais dos gobernos local e autonómico. O comité definirá o Plan Integrado de Sostibilidade, que será no futuro o instrumento básico de decisión das actividades do goberno do concello.