Os cantos e contos de Pablo Díaz chegan mañá venres á praza Mestre Cerviño de Covelo
- 28/07/2022 -
Dentro da programación do Verán Cultural o Concello de Covelo organiza esta actividade lúdico didáctica para os máis pequenos e pequenas
O Concello de Covelo convida a todas as nenos e nenos a participar na sesión infantil de mañá venres día 29 na praza Mestre Cerviño. A partir das 20:30 horas contaremos coa actuación do xenial Pablo Díaz co que aprenderemos xogando. O seu espectáculo “Contando números, cantando cores” mergullaranos en historias e contas cheos de mensaxes sobre a igualdade de oportunidades e respecto.
Esta actividade forma parte da iniciativa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e encádrase na programación do Verán Cultural do Concello de Covelo que contempla actividades para todos os públicos repartidas entre o centro urbano e as parroquias.
A seguinte cita con Ler Conta Moito será o día 5 de agosto ás 20:30 horas tamén na praza Mestre Cerviño.