Axenda
Nova Ordenanza de Xestión de biomasa e Plan Municipal de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais.
- 16/12/2020 -
As persoas físicas ou xurídicas titulares do dereito de aproveitamento sobre os terreos forestais procederán a execución da xestión de biomasa incluída a retirada de determinadas especies arbóreas (eucaliptos, piñeiros e acacias) antes de 31 de maio de cada ano, segundo a Lei 3/2017 do 9 de abril de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 9/20I7 do 26 de decembro de medidas fiscais e administrativas de Galicia que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2018.
Nesta Ordenanza Municipal proponse a regulación da xestión da biomasa e da distancia das plantacións, no solo urbano, de núcleo rural e urbanizable delimitado, no ámbito das súas competencias co obxecto de conseguir as axeitadas condicións de salubridade e seguridade para previr e evitar os incendios, protexendo dos mesmos as infraestruturas e equipamentos sociais, as zonas edificadas e as áreas forestais e naturais de valor especial. Pode consultar o borrador aquí.

No Plan Municipal de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais, en cumplimento do establecido na la Lei 3/2007, defínense as faixas secundarias de xestión de biomasa onde debe garantizarse a eliminación total ou parcial da biomasa forestal, mediante técnicas silvícolas axeitadas, co fin principal de reducir o risco de incendio e protexer a seguranza das persoas. Pode consultar o borrador aquí.

As plantacións de eucalipto quedan prohibidas temporalmente en Galicia desde o 2 de xullo de 2021. Este veto, recollido nunha disposición transitoria da
Lei de Recuperación dá Terra Agraria de Galicia, estará vixente ata o 31 de decembro do 2025.

As persoas físicas ou xurídicas titulares do dereito de aproveitamento sobre os terreos forestais procederán a execución da xestión de biomasa incluída a retirada de determinadas especies arbóreas (eucaliptos, piñeiros e acacias) antes de 31 de maio de cada ano, segundo a Lei 3/2007 do 9 de abril de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 9/20I7 do 26 de decembro de medidas fiscais e administrativas de Galicia que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2018.

Esta xestión debe executarse  obrigatoriamente nas seguintes zonas e no que se refire a matorral, eucaliptos, piñeiros e acacias:

- En faixas de 50 metros arredor dos núcleos de poboación e das vivendas, instalacións ou edificacións illadas, e en terreos situados dentro do núcleo de poboación.

- En faixas de 15 metros a ambos lados de cauces fluviais.

- En faixas de 10 metros a ambos lados das estradas.

- En faixas de 10 metros a zonas de labradío, cultivos e pastos.

- En faixas de 5 metros a ambos lados das liñas eléctricas.

- En faixas de 4 metros a ambos lados de camiños ou pistas principais.

Segundo a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia: quedan prohibidas as repoboacións forestais (sementa ou plantación de eucaliptos, piñeiros ou acacias, mesmo de pés illados),en chan urbano, de núcleo rural, no chan urbanizable, no rústico de especial protección agropecuaria así como en todo tipo de parcelas agrícolas.
De acordo coa devandita lexislación, e coa Lei de Montes 43/2003, de 21 de novembro, o non cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal por parte das persoas responsables, constitúe unha infracción pola que se lles poden impoñer inicialmente sancións económicas de 100 a 1.000 euros, a execución subsidiaria ou a perda da propiedade.





<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade