Exposición Galicia Biodiversidade
- 29/10/2008 -
A Casa Reitoral de Santa Mariña (Covelo) acolle a exposición Galicia Biodiversidade do 29 de outubro ó 3 de novembro en horario de mañán (de 9:00 h. a 15:00 h.)
"RÃas, bosques, montañas, rÃos, canóns, lagoas, illas, praias,
dunas, matogueiras, esteiros… unha gran diversidade
de ambientes que debuxan unha paisaxe única que non se
pode comprender sen a presenza humana desde hai milleiros
de anos.
Con esta exposición didáctica, a ConsellerÃa de Medio
Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia
pretende que todos os galegos coñezan a diversidade de
ecosistemas, de especies e de variedades xenéticas que se
conservan en Galicia. Que se estimule a toma de conciencia
sobre a importancia da conservación da biodiversidade máis
próxima que atesouramos en Galicia e, ao mesmo tempo,
a mundial. Ademais se queren desenvolver comportamentos
positivos cara á conservación das especies e dos seus hábitats
e fomentar actitudes responsables que favorezan a
conservación da natureza"