Actualidade e Noticias



Covelo presenta mañá a intervención arqueolóxica realizada no Castelo do Faro
- 28/07/2022 -

Os arqueológos Francisco Alonso e José Manuel Costa explicarán os traballos executados e as primeiras conclusións
O Concello de Covelo presenta a intervención arqueolóxica realizada no recinto do Castelo do Faro. Os arqueólogos Francisco Alonso Toucido e José Manuel Costa García presentarán xunto ao alcalde Pablo Castillo as actuacións realizadas e as primeiras conclusións. No encontro tamén estará o presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Salvador de Prado, José Fernández Muradás.

 

Coa intención de descubrir, protexer e dar a coñecer parte da nosa historia o Concello de Covelo encargou estes traballos que aportarán datos sobre as civilizacións que habitaron a nosa terra no pasado. No encontro explicaranse as actuacións arqueolóxicas desenvolvidas no Castelo do Faro coa finalidade de esclarecer os motivos polos que se puido construir esta misteriosa fortificación.

 

A presentación será no auditorio municipal de Covelo mañá venres 29 ás 20:30 horas. Os traballos executados por encargo do Concello contaron co apoio da Deputación de Pontevedra e coa colaboración da Universidade de Salamanca e o colectivo de investigación Romararmy.eu



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade