Actualidade e Noticias



Último día para inscribirse no XI Concurso Festas Patronais 2022 de Covelo
- 21/07/2022 -

Mañá venres 22 remata o prazo para inscribirse na biblioteca pública municipal nas modalidades de debuxo ou fotografía
Como cada ano o Concello de Covelo abríu a inscrición ao seu concurso Festas Patronais 2022 que premia a creatividade nas modalidades do debuxo, fotografía e repostería.


Ata mañá venres día 22 as persoas interesadas poderán inscribirse no concurso de fotografía ou debuxo. A temática será libre e entregaranse premios de ata cen euros dependendo da categoría.


Os debuxos e as fotografías deben presentarse na Biblioteca Municipal. Os participantes no concurso de postres deberán presentar os seus postres o sábado 30 de xullo, ás 20:00 horas na praza Mestre Cerviño do Concello de Covelo


Consulta as bases na páxina web do Concello de Covelo.


Fomentar a curiosidade polas distintas artes



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade