Novas
Información local actualizada a 16 de xuño de 2020 relativa a COVID -19 e outras.
- 16/06/2020 -
Faise público o décimo informe de situación de casos coñecidos e confirmados de COVID-19 no Concello de Covelo: sen novos diagnósticos desde o día 10 de xuño e con 3 persoas afectadas; unha ingresada e dúas dadas de alta. Infórmase tamén do prazo para as "Axudas para negocios, autónomos e empresas" que finaliza o 29 de xuño. Infórmase de que está aberto o prazo desde o día 15 para solicitar o "Ingreso Mínimo Vital" ( IMV). Infórmase da "Tarxeta moedeiro, Axudas de Inclusión Social e Bono coidado extraordinario" da Xunta de Galicia; do Campus Multideporte e Escola de Verán; das condicións de uso das Pistas Polideportivas Municipais e Parques Infantís así como de Praias Fluviais e Piscina Municipal; da recuperación do Mercado de Produtos Locais; da contratación de persoal a través dos programas APROL e RISGA, así como da limpeza de camiños e espazos públicos.
 





<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade