Present News



O Concello destina máis de 40.000€ á mellora da casa social de San Salvador de Prado
- 19/07/2022 -

O alcalde Pablo Castillo adianta que o principal obxectivo é dotala de accesibilidade tanto no interior como no exterior
Nova acción de mellora dos espazos para a veciñanza, o concello de Covelo insiste na necesidade de ofrecer servizos públicos de calidade e informa da execución das obras da casa social de San Salvador de Prado e da súa contorna, ubicada no lugar de Cende. O proxecto conta co apoio da Deputación de Pontevedra que aportará 40.000,01 euros, sendo o orzamento total de 40.464,64€.


Comprometidos coas necesidades da cidadanía, o goberno de Covelo encargou este proxecto para garantir a accesibilidade ao principal espazo de convivencia desta parroquia. O alcalde Pablo Castillo salienta a importancia de apoiar as iniciativas da veciñanza e potenciar as casas e centros culturais indispensables no desenvolvemento diario das persoas do rural, “actuando como potentes elementos dinamizadores das relacións sociais e lugares donde compartir o seu tempo de lecer”.


Castillo sinala tamén que é fundamental planificar e deseñar pensando no perfil dos usuarios/as dos espazos públicos ademais de ofertar tamén servizos e infraestruturas que poidan atraer a nova veciñanza.


Despois do verán comezarán as obras de mellora da casa social de San Salvador de Prado que teñen como obxectivo principal garantir a accesibilidade, “é fundamental que todas as persoas, independentemente da súa condición física ou mental, poidan desfrutar das actividades, dos espazos ou dos servizos públicos e municipais e os nosos esforzos irán principalmente enfocados a facelo posible”.


O proxecto contempla a mellora da accesibilidade aos aseos existentes no andar baixo da devandita casa social e no exterior o obxectivo é optimizar os espazos e o acceso ao parque infantil existente, a mellora da pavimentación e con ela a accesibilidade, a mellora da iluminación das instalacións, a creación de salas de reunión dos veciños e usuarios e a mellora da pista deportiva.


A casa cultural atópase nunha parcela de 2,224 m², dos que 800 m² son de uso deportivo cunha pista multideporte.No resto da parcela hai, ademais, un parque infantíl e unha zona verde.


Con esta intervención darase solución ás principais incomodades que presenta o conxunto total como a entrada irregular que alterna zonas de firme con zonas de terra, a dificultade de acceso ao parque infantil, a dispersión dos xogos instalados, a falta de pintura e presenza de lixo na pista multideporte, a precariedade lumínica dos aseos ou a falta de conexión á rede de saneamento, ademais de retirar as portas estreitas e pratos de ducha con resalte para convertelos en aseos accesibles para persoas con mobilidade reducida.





<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade