Novas
Conservación, mantemento e mellora da Rede Municipal de Roteiros do Concello de Covelo.
- 09/06/2020 -
Traballos de conservación, limpeza e mantemento, sinalización e promoción dos percorridos para que se encontren en bo estado e sexan atractivos para os residentes e visitantes.
Conservación e Mantemento da Rede Municipal de Roteiros do Concello de Covelo.

Nos últimos anos o Concello de Covelo creou una rede municipal de roteiros coa intención de por en valor o patrimonio natural, cultural, etnográfico e arqueolóxico que na actualidade é un dos principais atractivos turísticos do concello. Ditos roteiros necesitan a realización periódica de traballos de conservación, limpeza e mantemento, sinalización e promoción dos percorridos para que se encontren en bo estado e sexan atractivos para os residentes e visitantes.

Os traballos consistirán no seguinte:

1. Roza manual e recollida de lixo na Rede Municipal de Roteiros do Concello de Covelo(RMR). Abrangue un corte total da superficie da RMR e outro complementario nas zonas de maior crecemento da vexetación na anualidade 2020.
2. Roza manual e recollida de lixo na Vía Mariana. Comprende os traballos de roza da metade da superficie do trazado ao seu paso polo termo municipal de Covelo na anualidade 2020.
3. Incorporación de novas rutas a web da RMR: track wikiloc e ampliación das cinco rutas da CMVMC e da Vía Mariana ao seu paso polo termo municipal de Covelo.
4. Traballos de conservación e mantemento dos elementos de sinalización da RMR e da Vía Mariana no termo municipal de Covelo. Traballos de conservación e mantemento dos elementos de sinalización das cinco rutas da RMR e Vía Mariana.

Enlace a RMR aquí:
 http://www.concellodecovelo.es/rmr/







<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade