Con acceso libre ata completar afora, este concerto será de balde e está organizado pola Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello de Covelo no marco da programación “Música no Ar” que leva a música clásica a espazos patrimoniais da provincia.
Dextrum Ensemble é un cuarteto de saxofóns formado por músicos galegos: Miriam Aneiros no saxofón soprano, Blanca Represas no saxofón alto, Javier Comesaña no saxofón tenor e Alberto Rocha no saxofón barítono.
Coa intención de chegar a un maior número de públicos Dextrum Ensemble é un cuarteto de saxofóns que procura un medio de comunicar a música de cámara de xeito sinxelo e atractivo.