Present News



Dextrum Ensemble actúa este domingo na casa reitoral de Santa Mariña, Covelo
- 13/07/2022 -

Totalmente de balde e ata completar aforo
O Concello de Covelo convida a participar no concerto que ofrecerá Dextrum Ensemble na casa reitoral de Santa Mariña este domingo día 17 ás 20 horas.


Con acceso libre ata completar afora, este concerto será de balde e está organizado pola Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello de Covelo no marco da programación “Música no Ar” que leva a música clásica a espazos patrimoniais da provincia.


Dextrum Ensemble é un cuarteto de saxofóns formado por músicos galegos: Miriam Aneiros no saxofón soprano, Blanca Represas no saxofón alto, Javier Comesaña no saxofón tenor e Alberto Rocha no saxofón barítono.


Coa intención de chegar a un maior número de públicos Dextrum Ensemble é un cuarteto de saxofóns que procura un medio de comunicar a música de cámara de xeito sinxelo e atractivo.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade