Axenda
02/10/2024
Axudas destinadas ó apoio á Natalidade do Concello de Covelo 2024.
Inicio do prazo de presentación de solicitudes 02.10.2024 ata o 01.12.2024.
A presentación das solicitudes pode ser de forma telemática a través da sede do concello de Covelo ou presencialmente nas oficinas de servizos sociais.
30/09/2024
Publicación e aprobación da Ordenanza de Xestión de biomasa e Plan Municipal de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais.
As persoas físicas ou xurídicas titulares do dereito de aproveitamento sobre os terreos forestais procederán a execución da xestión de biomasa, incluída a retirada de determinadas especies arbóreas (eucaliptos, piñeiros e acacias), antes de 31 de xuño de cada ano recolléndose na Ordenanza os criterios de xestión, distancias das plantacións, réxime sancionador, etc.
29/09/2024
Roteiro da Vía Marina ao paso por Covelo - Sábado e Domingo, 28 e 29 de setembro de 2024.
Os roteiros guiados do ano 2024 son actividades turístico-deportivas do Concello de Covelo e Deputación de Pontevedra, guiados polo guía de montaña, biólogo e fotógrafo Julio Eiroa.
Inscricións e información dende o mércores 25 de setembro ata esgotar as prazas no teléfono 654.500.652.
Número de prazas limitadas a 20 participantes.
27/09/2024
Programa Universitario de Maiores - Mareas de Coñecemento.
Último seminario "Mareas de Coñecemento" programa universitario de Maiores da Universidade de Vigo, a profesora Elisa Pereira falará do patrimonio histórico-cultural do concello de Covelo, esta vez visitaremos a Pontella da Graña ou "ponte da Graña ou Rio Cabras".
A saída en autobús para a visita será o venres 27.09.2024 ás 16.30 h dende a praza Mestre Cerviño en Covelo.
Para máis info e inscricións chamar o 986650027 ext. 4
Actividade para maiores de 50 anos.
23/09/2024
Plan de Formación para o Emprego do Concello de Covelo 2024.
3ª Fase do VIII Plan de Formación.
- Curso de Ingles Xeral Comercio e Turismo.
- Curso de Manipulación de alimentos.
- Curso de Venda en Supermercado.

[1608 noticias - Página 9 de 322]   [anteriores] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade