29/03/2025 Entroido en Maceira - Covelo 2025 Sábado 29.03.2025 ás 17 h desfile de entroido e concurso na praza de Maceira - Covelo.
Concurso infantil de baile "A Bailar" con AnimarT Animación.
Ao rematar merendola para nenos e nenas.
16/03/2025 Foodtruck Galicia Sabe AMAR Domingo 16 de marzo, unha das foodtrucks estarán no concello de COVELO no seguinte emprazamento: Praza Mestre Cerviño de 12:00 a 15:00 e de 17.00 a 19.00 horas.
03/03/2025 Campamentos A Lanzada verán 2025. A Deputación de Pontevedra pon en marcha unha nova edición dos "Campamentos A Lanzada" para este verán. Ofértanse un total de 1.540 prazas destinadas a nenas e nenos da provincia de Pontevedra nados entre 2012 e 2017.