19/09/2015Ruta "Pedra do Lobo"Dificultade media. Saída dende a praza do Concello ás 10:30 horas e remate as 14:00h. aprox. Principia nas abas de Castro para discorrer paralelo ó río Ponte Piñeiros. No seu percorrido podemos coñecer diversos ecosistemas, coma o bosque de ribeira, as brañas, as matogueiras, os prados e os pequenos bosques. Ademais deste variado patrimonio natural, compre admirar muíños, cruceiros e petróglifos, así como outras manifestacións da relación do ser humano e a natureza. Aquí verase a famosa pedra dende onde o lobo ouveaba e o Monte do Castro con magníficas vistas.