A saída será dende a praza Mestre Cerviño de Covelo ás 10.00 h donde o etnógrafo e escritor Maximino Fernández Sendín procederá á explicación da simboloxía e elementos do cruceiro da praza. A continuación desprazaranse en autobús ao barrio da Ermida para visitar a Casa-Museo Etnográfico Pazo da Cruz, considerado segundo Sendín un dos museos etnográficos máis importantes de Galicia, reúne máis de seis mil pezas de gran valor histórico nunha casa de máis de catro séculos. De aí os e as excursionistas visitarán os pasos de Lourido no río Tea. Tamén coñecidos como poldras é un sistema de pedras para cruzar os ríos, considerados as primeiras pontes realizadas polo ser hunano. A seguinte parada será na Graña para visitar o dolmen de Rebordechán e a Casa-Museo Leonides que é a vivenda tradicional máis primitiva da comarca, conta cunha eira de mallar o centeo. A viaxe remata coa visita aos chozos da Serra do Suído para ver de preto estas construcións de orixe medieval na que se protexían da mala climatoloxía os pastores, na cotorna tamén visitarán unha antiga “neveira de montaña” que servían para gardar neve e logo transformala en xeo para comercializar. Ás 14:30 estarán de regreso na praza Mestre Cerviño de Covelo.