Axudas para programas de valorización integral e promoción da multifuncionalidade do monte
- 05/09/2008 -
Orde do 12 de agosto de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para programas de valorización integral e promoción da multifuncionalidade do monte e se convocan para o ano 2008.
Constitúe a súa finalidade o fomento de programas que conduzan á valorización integral do monte galego e á diversificación dos produtos e recursos que proporciona.
CapÃÂtulo II: Mellora e racionalización do aproveitamento dos recursos forestais a través do aumento do coñecemento e concienciación dos propietarios e xestores.
Mellora dos coñecementos de todos os axentes para permitir un aproveitamento integral dos distintos recursos forestais no marco dunha xestión forestal sustentable e dunha polÃÂtica preventiva de incendios forestais e outros riscos ambientais.
As axudas incluÃÂdas neste capÃÂtulo poderán consistir en:
1.1. Contratación de persoal técnico competente para a asistencia técnica dos propietarios ou xestores dos montes en materia de xestión forestal sustentable, diversificación da produción forestal e aproveitamento multifuncional.
A subvención será do 80% do custo do contrato no primeiro ano e o 40% a segunda anualidade de contratación.
1.2. Proxectos de formación e información profesional no ámbito do sector forestal galego. Estes proxectos incluirán obrigatoriamente a descrición en detalle e a duración das actuacións que se desenvolverán, que poderán ser, individual ou conxuntamente:
1.2.1. Ensaios, proxectos piloto ou de demostración e outras accións de apoio técnico ....
A axuda será do 80% dos custos de implantación e seguimento sen superar o máximo de 60.000 € por proxecto.
1.2.2. Accións de formación, divulgación e concienciación en materia de novas tecnoloxÃÂas, multifuncionalidade, sustentabilidade e diversificación dos produtos forestais, orientadas ao sector forestal galego.
A axuda será do 100% do custo sen superar o máximo de 30.000 € por acción e 60.000 € por beneficiario.
CapÃÂtulo III: Accións de aumento do valor económico dos bosques e promoción da diversificación das producións.
Obxectivo: a ordenación das superficies forestais e dos aproveitamentos madeireiros e non madeireiros, asàcomo os investimentos forestais encamiñados á posta en marcha e compatibilización de actividades produtivas complementarias da madeira tales como a gandarÃÂa e a súa base forraxeira, os froitos do bosque, os cogomelos, a biomasa residual, as plantas aromáticas e medicinais, etc.
Actividades subvencionables:
3.1. Redacción de proxectos de ordenación e plans técnicos de xestión ou revisión xustificada destes por finalización do plan especial, cambios drásticos na cuberta forestal ou obxectivos ou imposibilidade manifesta de levar a cabo as accións recollidas nel.
3.1.1 Proxectos de ordenación de montes arborizados.
Subvencionarase o 60% do importe de investimento en zonas desfavorecidas ou incluÃÂdas na Rede Natura 2000 e o 50% no resto das zonas. Nas revisións de proxectos de ordenación subvencionaranse como máximo o 50% do importe de investimento.
3.1.2. Plans técnicos de montes arborizados.
Subvencionarase o 60% do importe de investimento en zonas desfavorecidas ou incluÃÂdas na Rede Natura 2000 e o 50% no resto das zonas. Nas revisións de plans técnicos de montes arborizados subvencionarase como máximo o 50% do importe de investimento.
3.1.3.- Instrumentos de xestión forestal especÃÂficos (Ixfe) das unidades de xestión forestal (Uxfor).
O nivel de incentivo e o importe máximo do investimento serán os mesmos que para os plans técnicos de xestión.
3.2. Estudos para avinza ou acordo de lindes total entre CMVMC.
Estes estudos subvencionaranse ata o 60% do seu custo en zonas desfavorecidas ou incluÃÂdas na Rede Natura 2000, e ata o 50% no resto das zonas, ...
3.3. Estudos de valorización integral dos recursos forestais.
O importe máximo do custo subvencionable da redacción destes proxectos será de 6.000 € que se xustificarán na memoria técnica.
3.4. Iniciativas de valorización integral do monte.
Neste punto as axudas serán do 60% en zonas desfavorecidas ou incluÃÂdas na Rede Natura 2000 e do 50% no resto das zonas, sen superar o importe máximo de 120.000 € por proxecto
3.4.1. Proxectos silvopastorais.
3.4.2. Outros proxectos de aproveitamentos complementarios: froitos do bosque (castaña, noz, pequenos froitos...), semente forestal, cogomelos, plantas medicinais, mel, etc.
3.4.3. Programas colectivos de ordenación de recursos forestais.
Capitulo IV: Accións de posta en valor dos usos públicos dos espazos forestais.
Obxecto: incentivar investimentos non produtivos que promovan o valor de recreo público das áreas forestais e que permitan o desenvolvemento da multifuncionalidade do monte como elemento protector.
As axudas concedidas para atender as solicitudes presentadas en relación con este capÃÂtulo IV serán do 80% dos investimentos.
O custo máximo subvencionable por proxecto será de 60.000 €.
As accións subvencionables que conformen o programa poderán ser:
a) Creación e restauración de ámbitos forestais de alto valor paisaxÃÂstico e de conservación da biodiversidade, a través da implantación e mellora de masas forestais fundamentalmente de frondosas autóctonas. ...
b) Creación e mellora de pequenas instalacións para o fomento do uso social e divulgativo do monte e a mellora da concienciación e comprensión da importancia dos valores ambientais dos espazos forestais:
-Centros de uso divulgativo e de interpretación forestal.
-Itinerarios autoguiados, rutas.
-Espazos de uso sociorrecreativo.
-Outras accións de posta en valor dos aspectos sociais e turÃÂsticos das masas forestais.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do dÃÂa seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
http://mediorural.xunta.es/forestal/principal/index.php?id=791