Novas
Subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas locais de emprego (ILES) e do programa das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E)
- 16/07/2008 -
Orde do 19 de xuño de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do réxime de axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas locais de emprego (ILES) e do programa das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E), cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2008. -Programa de apoio ás iniciativas locais de emprego (ILE) (anexo A). Obxecto: fomentar e promover a creación de empresas innovadoras, económica e financeiramente viables, que xeren emprego estable no ámbito local e no medio rural, mediante o financiamento parcial dos custos necesarios para a posta en marcha daqueles proxectos empresariais previamente cualificados como iniciativas locais de emprego (ILE) Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as empresas privadas constituídas e que iniciaran a súa actividade, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos autónomos/as e as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que obtiveran a cualificación como iniciativa de emprego, local ou rural, e non transcorrese máis dun ano desde a notificación da resolución de cualificación, ou de ser o caso, no prazo que se estableza na resolución de cualificación, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda. Tipos de axudas: a) Subvención á creación directa de emprego estable. b) Subvención para a contratación de expertos técnicos de alta cualificación. c) Apoio á función xerencial. d) Subvención financeira. e) Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade. O prazo de presentación de solicitudes de subvención á creación de emprego estable e para a contratación de expertos ou expertas técnicos/as de alta cualificación será de dous meses desde a data da alta no correspondente réxime da Seguridade Social. A solicitude da subvención financeira deberá presentarse nos tres meses seguintes ao inicio da actividade. As empresas cualificadas como iniciativas de emprego terán dereito a un incremento do 10 por cento da contía das subvencións reguladas nesta orde, cando a súa actividade produtiva principal se inscriba dentro dos ámbitos dos novos viveiros de emprego que a continuación se relacionan: a) Servizos da vida diaria. b) Servizos de mellora do marco de vida. c) Servizos culturais e de lecer. d) Servizos de ambiente. -Programa de fomento das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E) (anexo B). Finalidade: xerar emprego estable, principalmente de mozos e mulleres, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais promovidas por persoas desempregadas con especial atención aos concellos do rural galego, establecendo como preferentes aquelas promovidas e/ou que xeren emprego para demandantes procedentes dos sectores da construción, inmobiliario e afíns. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas neste programa as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos neste anexo para cada tipo de axuda e nas que concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias: a) Que sexan empresas de nova creación b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente. c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas. d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo nun concello de Galicia. e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os/as socios/as promotores/as non figure ningunha persoa xurídica. f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros. g) Que a maioría do seu capital social (participacións sociais) sexa de titularidade dos promotores e promotoras que sexan persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo na empresa. Tipos de axudas: a) Subvención á xeración de emprego estable. b) Subvención financeira. c) Subvención para asistencia técnica. d) Subvención para o inicio da actividade. e) Subvención para a conciliación da vida profesional e persoal dos promotores. O prazo de presentación de solicitudes para a Subvención á xeración de emprego estable será de dous meses desde a data da alta no correspondente réxime da Seguridade Social. A solicitude da subvención financeira deberá presentarse nos tres meses seguintes ao inicio da actividade. As contías máximas das axudas do programa regulado neste anexo incrementaranse nun 20 por cento, nos casos de que a empresa teña o seu domicilio social e centro de traballo nun concello rural. O prazo xeral para a presentación de solicitudes das axudas dos distintos programas desta orde, finalizará o 15 de setembro de 2008.


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade