Novas
Suvencións rehabilitación de vivienda 2018 - 2021.
- 22/08/2018 -
Subvencións dos programas de fomento da mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade en vivendas e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do plan estatal de vivenda 2018-2021
 PROGRAMAS PARA O FOMENTO DA EFICACIA ENERXÉTICA E SUSTENTABILIDADE EN VIVENDAS, MELLORA DA CONSERVACIÓN, SEGURIDADE E ACCESIBILIDADE 2018- 2021.
Onte, martes 21 de agosto do 2018, publicáronse no DOGA as bases reguladoras dun programa de axudas promovido polo “Instituto Galego da Vivenda e Solo” para: mellorar a eficacia enerxética e sustentabilidade das vivendas, fomentar a conservación, mellorar a seguridade de utilización e a accesibilidade en vivendas, para o ano 2018.
Quen pode pedir esta axuda?
En termos xerais, poderán ser beneficiarias destas axudas:
  1. As persoas físicas e xurídicas (estas últimas de natureza privada) que sexan propietarias de vivendas unifamiliares, de edificios de tipo residencial de vivenda coletiva e das vivendas situadas nestes edificios.
  2. Comunidades, agrupacións ou cooperativas de persoas propietarias.
  3. Empresas construtoras, arrendatarias ou concesionarias de edificios.
  4. Persoas físicas arrendatarias dunha vivenda que asuman segundo contrato, o custo das actuacións de rehabilitación.
  5. Para o caso da liña A), que veremos a continuación, tamén poden ser beneficiarias as empresas de servizos enerxéticos.
En que consisten estas axudas?
Trátase de axudas á rehabilitación de vivendas e fíxanse ao redor de dúas liñas de actuación:

LIÑA A): AXUDA AO FOMENTO DA MELLORA DA EFICACIA ENERXÉTICA E DA SUSTENTABILIDADE EN VIVENDAS: a finalidade é financiar obras de mellora da eficiencia enerxética e de sustentabilidade, con especial atención á
envolvente edificatoria.

LINEA B) FOMENTO DA CONSERVACIÓN, DA MELLORA DA SEGURIDADE DE UTILIZACIÓN E DA ACCESIBILIDADE EN VIVENDAS: a súa finalidade é financiar obras de conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade. A concesión das axudas farase por concorrencia non competitiva.
Cal é a contía para percibir en cada liña?
LIÑA A): A contía unitaria básica por vivenda unifamiliar non poderá superar os 12.000 euros. Se na unidade de convivencia da persoa solicitante, propietaria ou arrendataria, promotora da actuación e residente na vivenda, hai unha persoa con discapacidade, a contía máxima será de 18.000 euros. Se a persoa discapacitada ten ademais: parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade de desenvolvemento, cun grao recoñecido igual ou superior ao 33% ou, cunha discapacidade física ou sensorial cun grao recoñecido superior ao 65%, o máximo pasará a ser de 24.000 euros. A contía máxima total que se concede por edificio de tipoloxía residencial colectiva ou por vivenda situada neste tipo de edificios en ningún caso poderá superar o importe de multiplicar 8.000 euros por cada vivenda e 80 euros por cada metro cadrado de superficie construída de local comercial ou outros usos compatibles. A contía máxima de subvención que se concede por vivenda en edificio de tipoloxía residencial colectiva será de 12.000 euros. Se na unidade de convivencia da persoa solicitante, propietaria ou arrendataria, promotora da actuación e residente na vivenda, hai unha persoa con discapacidade, con parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade de desenvolvemento, cun grao recoñecido igual ou superior ao 33% ou, cunha discapacidade física ou sensorial cun grao recoñecido superior ao 65%, o máximo pasará a ser de 16.000 euros.
LIÑA
B): A contía máxima por actuacións de conservación non poderá superar os 3.000 euros por vivenda e os 30 euros por metro cadrado de superficie construída de local comercial ou outros usos compatibles. A contía máxima de subvencións para actuacións de mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade ou conxuntamente para estas últimas e para actuacións de conservación será de 8.000 euros por vivenda e 80 euros por metro cadrado de superficie construída de local comercial ou outros usos compatibles. A axuda máxima para actuacións de mellora de seguridade de utilización e de accesibilidade ou cando se realicen conxuntamente con actuacións de conservación será de 14.000 euros por vivenda. Se na unidade de convivencia da persoa solicitante, propietaria ou arrendataria, promotora da actuación e residente na vivenda, hai unha persoa con discapacidade, con parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade de desenvolvemento, cun grao recoñecido igual ou superior ao 33% ou, cunha discapacidade física ou sensorial cun grao recoñecido superior ao 65%, o máximo pasará a ser de 17.000 euros.
Ás axudas unitarias básicas de ambas as liñas A e
B poderán sumarse 1.000 euros de axuda complementaria para aquelas vivendas ou edificios que estean declarados como bens de interese cultural (BIC).
As contías máximas non poderán superar o 40% do custo subvencionable da actuación, que se poderá incrementar ao 75% cando os ingresos da unidade familiar sexan inferiores a 3 veces o
IPREM.
Tamén se poderá incrementar se na unidade de convivencia hai unha persoa con discapacidade maior de 65 anos.
Cando é o prazo de solicitude?
O prazo de presentación de solicitudes iníciase hoxe, 22 de agosto e finaliza o 22 de setembro do 2018. Publicación no
DOGA aquí.
Tamén pode saber máis a través da Sede electrónica @de la Xunta de Galicia.





<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade