Actualidade e Noticias



Xornada formativa sobre a Enfermidade Hemorráxica Epizoótica
- 22/10/2024 -

Terá lugar mañá mércores día 23 ás 12:00 horas no auditorio municipal
O Concello de Covelo informa da xornada informativa sobre Enfermidade Hermorráxica Epizoótica (EHE) que terá lugar mañá mércores día 23 ás 12:00 horas no auditorio municipal.

 

Co obxectivo de informar ao sector gandeiro e previr futuras incidencias da enfermidade no gando local, o Concello en colaboración coa Consellería de Medio Rural ofrecerá unha charla na que a Asociación Agraria de Galicia (ASAGA) informará das vacinas e métodos de prevención e do protocolo de intervención.

 

A xornada é totalmente de balde e o Concello convida a asistir tanto a gandeiros como a pequenos propietarios de gando para xuntos evitar un mal que noutras comarcas de Galicia está provocando importantes danos.

 

Unha das maiores dificultades da enfermidade é o seu diagnóstico, xa que á marxe dos síntomas máis característicos, como a inflamación da lingua, a salivación excesiva, os ollos avermellados e llorosos ou as diarreas con sangue; está a detectarse un amplo abanico de síntomas que terminan sendo derivados de que o animal está contaxiado.

 

Tanto gandeiros como veterinarios están a comprobar que, mesmo nos casos máis leves, cando os animais ven afectados non chegan a recuperar os índices de produción e por tanto, espérase que moitas destas vacas terminen por ser sacrificadas nos próximos meses.

 

Ademais, a enfermidade tamén está a deixar un reguero de abortos nas ganderías ou complicacións nos partos.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade