Present News



A Vía Mariana posiciónase como a ruta das camiñantes expertas
- 02/04/2024 -

A esixencia do percorrido a Vía Mariana Luso-Galaica atrae a camiñantes que buscan novos retos e contacto directo coa natureza lonxe da masificación
As vacacións de Semana Santa deixaron un saldo positivo de peregrinas e peregrinos que elixiron a Vía Mariana Luso-Galaica para entrar en contacto directo coa natureza facendo o que máis lles gusta, camiñar.

 

A Vía Mariana consolídase na axenda das e dos camiñantes máis expertos que atraídas pola riqueza natural e histórica do percorrido e pola pureza do aire e dos sons se lanzan a superar este reto. Ao longo de dezaoito etapas que parten dende o Santuário de Nossa Senhora do Sameiro en Braga e rematan en Muxía, A Coruña, as e os camiñantes teñen o privilexio de atopar lugares únicos afastados do ruído e da masificación aos que só se accede a pé.

 

Exemplo deste perfil de camiñante profesional son M.ª Pilar Ybarra, “Mapi”, e Marían Martín que ao seu paso polo Concello de Covelo descubriron paisaxes que pasan a ser das mellores que se cruzaron nas súas vidas. A VMLG 07 Parada de Achas-Covelo e a VMLG 08 Covelo-Estacas atesouran recunchos de espectacular beleza, así o relatan estas dúas camiñantes que tamén coinciden en destacar que son percorridos para expertos que saiban desenvolverse ben e ter estratexia para asumir cada tramo. Camiñantes expertas que levan máis de 15 anos camiñando con milleiros de quilómetros en toda España, Portugal e resto de Europa ás súas costas.

La vía Mariana es una maravilla porque la naturaleza y la espiritualidad se abraza. Para mí es un camino muy espiritual. Es exigente y dura pero eso hace que no esté masificada y te permite un contacto más estrecho con la gente de las aldeas que nos recibe y nos ofrece su ayuda, se para a conversar y se interesa por nosotras”, relata Mapi Ybarra, de Madrid. Esta psicóloga e profesora da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) confesa que camiñar é un encontro co interior de cada un, unha procura de quietude que se pode practicar a calquera idade elexindo ben a ruta que se adapte as condicións de cada un.

 

Na mesma liña de sensacións, Marián, natural de Teruel, comparte nas súas redes sociais “Marian YoSoy Peregrina”, as experiencias vividas ao longo dos kms e fermosas estampas que simbolizan a beleza do percorrido. Ela tamén prefire afastarse das vías masificadas para poder vivir unha experiencia máis íntima na que fusionarse co medio natural. “Sentir que perteneces a algo tan espectacular como lo es la riqueza natural es un privilegio que sólo se puede conseguir caminando por vías que respeten la esencia de la naturaleza, las menos comerciales o transitadas, como la Vía Mariana. Caminar sola además tiene muchos beneficios, como despertar los sentidos y conectar con los lugares y las personas.
Caminar no deja de ser una forma de vivir, que te permite no solo dormir un día en cada sitio, también sentirte parte y forma de cada uno de esos lugares. La Vía Mariana tiene otros tiempos, minutos y horas de calidad que te permiten reconciliarte con la vida”.

 

En palabras destas dúas mulleres expertas en peregrinación a Vía Mariana Luso-Galaica ao seu paso polos dous tramos de Covelo “no sólo es bonita, es bellísima” sinala Marián ao tempo que engade que “de todas las largas distancias que he caminado es de las más bonitas que he hecho, la implicación de la gente, el apoyo de los delegados de zona que sin saberlo están ahí”, comentario que comparte Mapi, “son ángeles de la guarda que te ayudan a superar las posibles adversidades y suplen algún desajuste del track”. Precisamente destas últimas figuras, delegadas/os de zona, destacan a súa especial importancia ao ser persoas que coñecen a vía, que xa a camiñaron e saben onde están as dificultades, “son figuras fundamentales que te dan apoyo y están pendientes permitiéndote a la vez caminar libremente sin sentir que tienes que marcar tiempos o cumplir objetivos”.

 

Non deixan no tinteiro os aspectos a mellorar como o mantemento dos tramos e a sinalización para evitar momentos de dúbida e acertar coas decisións. Mapi Ybarra e Marián Martín superaron os tramos de Covelo e venceron a climatoloxía adversa con paso firme e reconfortándose no recibimento das persoas que sempre teñen tempo para recibilos como persoas que camiñan e valoran o seu patrimonio natural, histórico e etnográfico e non como turistas de paso, un matiz que marca a diferenza e mellora de xeito extraordinario a experiencia.

 



Fotografía de Marián Martín Marín YoSoy Peregrina

<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade