Orde do 18 de febreiro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a modernización de comercios situados en zonas rurais da Comunidade Autónoma de Galicia
- 10/03/2008 -
Orde do 18 de febreiro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a modernización de comercios situados en zonas rurais da Comunidade Autónoma de Galicia en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego e se procede á súa convocatoria.
O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de marzo de 2008, ambos os dous inclusive.
Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN-218A, poderase obter documentación normalizada ou información adicional na dirección xeral de comercio, a través dos seguintes medios:
a) Páxina web oficial da consellería (www.conselleriaiei.org), na súa sección de Â'axudasÂ' e na Â'oficina virtualÂ'.
b) O teléfono 981 54 54 19 da devandita dirección xeral.
c) O enderezo electrónico: dxcomercio@xunta.es.
d) Presencialmente.
Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Consellería de Innovación e Industria, que é o 981 54 43 41.
A subvención regulada por estas bases ten por obxecto promocionar e incentivar a modernización e a implantación de comercios situados en zonas rurais de Galicia.
Para os efectos desta orde considéranse comercios rurais os situados en:
a) Concellos con poboación inferior a 10.000 habitantes, ... .
b) Núcleos de poboación que non superen os 1.500 habitantes, ... .
Considéranse actuacións subvencionables, ... :
a) Custo da reforma e/ou de ampliación do local comercial sempre que a superficie resultante non supere os 300 m2.
b) Custo de adquisición de moblaxe, elementos de decoración e calquera outro tipo de equipamento comercial.
c) Deseño e execución de campañas publicitarias ou promocionais dirixidas á captación e fidelización de clientes no territorio.
d) Adquisición de vehículos comerciais de ata 3.500 kilogramos PMA (peso máximo autorizado) de uso exclusivo para o desenvolvemento da actividade económica subvencionada, segundo o anexo VI, debidamente rotulado co nome e enderezo do establecemento comercial.
e) Gastos das actas notariais que se exixen con motivo desta orde referidas ao artigo 4º k).
Quedan expresamente excluídas do ámbito de aplicación desta orde as actuacións seguintes:
a) A adquisición de locais e, en xeral, de bens inmobles.
b) As obras realizadas en almacéns, trastendas, oficinas e aseos, que non se destinen a superficie de venda, así como os equipamentos destinados para estes, tales como cámaras frigoríficas, moblaxe, etc.
c) A maquinaria e equipamentos para a fabricación, transformación e elaboración de produtos de consumo final.
d) Os fondos de comercio e dereitos de traspaso.
e) Os bens usados.
f) As compras de mercadorías obxecto de comercialización.
g) As compras de material funxible e doutros elementos amortizables nun ano.
h) Os portes e outros custos de transportes.
i) As taxas por autorizacións administrativas, permisos e licenzas, tributos, o IVE soportado ou outras taxas recuperables polo beneficiario.
j) Os gastos de funcionamento da actividade.
k) Os gastos de reparación ou de mantemento.
l) Non terán carácter subvencionable os investimentos realizados mediante contratos de arrendamento financeiro ou outras modalidades de financiamento.
Para poder optar á axuda, establécese unha contía mínima de investimento subvencionable de 1.500 euros, IVE excluído. O investimento máximo subvencionable será de 50.000 euros, IVE excluído.
As axudas consistirán nunha subvención a fondo perdido de ata o 50% do investimento subvencionable aprobado pola Dirección Xeral de Comercio.
No caso das axudas á adquisición de vehículos comerciais recollidas no artigo 1.3º d) destas bases a subvención a fondo perdido será de ata o 20%.