Axenda
Visitas e rutas guiadas para o mes de setembro
- 01/09/2015 -
Dende a Oficina de Turismo vanse levar a cabo unha serie de visitas polos diferentes lugares e rutas do Concello de Covelo. Realizaranse rutas de sendeirismo guiadas, visitas o patrimonio histórico-artístico e natural, museos e centros de interpretación, que terán lugar no mes de setembro.
 Oferta de visitas e rutas guiadas para o mes de setembro

 

Dende a Oficina de Turismo vanse levar a cabo unha serie de visitas polos diferentes lugares e rutas do Concello de Covelo. Realizaranse rutas de sendeirismo guiadas, visitas o patrimonio histórico-artístico e natural, museos e centros de interpretación, que terán lugar no mes de setembro.

 

Domingo 6 de setembro: ruta Poza Piñeiro.

Dificultade media-alta, cunha duración aproximada de 3 horas. Saída dende o Cemiterio de Piñeiro ás 10:30. A ruta transcorrerá ata a Poza ou Pozo de Piñeiro, un lago de montaña, creado artificialmente para administrar a auga procedente da parte alta da Serra do Suído para o regadío das terras agrícolas da Parroquia de Piñeiro, que co paso do tempo converteuse nunha zona húmida de gran interese paisaxístico e natural. Para rematar a visita subiremos ata a Capela de A Guía de Piñeiro para gozar das vistas panorámicas que nos ofrece e aproveitar a celebración da festa parroquial.

Sábado 12 de setembro: ruta Foxo do lobo:

Dificultade media. Saída dende a praza do concello ás 10:00 horas. Ten unha duración aproximada de 3-4 horas. Remataríase sobre as 14:00 – 15:00h. Este fermoso percorrido proposto permite coñecer unha mostra moi representativa do patrimonio etnográfico-gandeiro e natural da Serra do Suído. Aquí poderase ver o foxo do lobo e os chozos na Serra do Suído como unha parte do aproveitamento gandeiro ancestral, así como pequenos ecosistemas de turbeira.

Domingo 13 de setembro: ruta AQA

Dificultade baixa. Saída dende a praia fluvial de Maceira ás 10:00 horas e chegada a Santiago de Covelo ás 14 horas aprox. O percorrido da ruta AQA atravesa un espazo natural condicionado pola presenza da auga, que actuou como modeladora dunha paisaxe de vales e valgadas. Son numerosos os elementos do patrimonio etnográfico presentes ao longo da ruta e relacionados cos usos da auga, como presas e levadas para o rego, fontes e pasos, muíños, todos eles testemuños do íntimo vencello entre os covelenses e a auga ao longo dos séculos. Tamén se as condicións así o permiten recolleremos durante o percorrido exemplares micolóxicos.

 

Sábado 19 de setembro: ruta Pedra do Lobo.

Dificultade media-alta. Saída dende a praza do Concello as 11:00 horas e remate as 14:00h. aprox. Principia nas abas de Castro para discorrer paralelo ó río Ponte Piñeiros. No seu percorrido podemos coñecer diversos ecosistemas, coma o bosque de ribeira, as brañas, as matogueiras, os prados e os pequenos bosques. Ademais deste variado patrimonio natural, compre admirar muiños, cruceiros e petróglifos, así como outras manifestacións da relación do ser humano e a natureza Aquí verase a famosa pedra dende onde o lobo ouveaba e o Monte do Castro con magníficas vistas.

Sábado 26 de setembro: ruta dos Carranos e visita ó Serradoiro dos Carranos.

Dificultade media. Saída dende a Rectoral de Fofe ás 10:30 horas e rematando sobre as 14:00 horas. A andaina transcorre nas fragas do alto Tea onde poderán gozar dos valores medio-ambientais, paisaxísticos e patrimoniais do val e da serra. Pasaremos pola espectacular ponte medieval de Fofe que cruza o río Tea, visitaremos o Serradoiro e Aula da Natureza e do Patrimonio Etnográfico dos Carranos, un conxunto único pola súa singularidade.

Domingo 27 de setembro: ruta do Río Xabriña e visita ó Lagar da Cera FAVUM.

Dificultade baixa, cunha duración aproximada de 3 horas. Saída ás 10:30 horas dende o recinto das festas de Paraños, rematando no mesmo lugar sobre as 14:00 horas. Visitaremos o lugar onde traballaban os cereiros. A entrada ó lagar de cera é de 1 euro. Na andaina contemplaremos o singular cruceiro do barrio da Margarida e a Igrexa co seu pombal, para despois introducirnos polos bosques de ribeira do río Xabriña, descubrindo a cada paso a importancia da auga para o home nas diferentes construccións: pontes, pasos, levadas, fontes, muíños…

 

Tamén ofrecemos a posibilidade de facer calquera destas visitas outro día, mediante unha visita concertada previamente para grupos.

 

Para todas estas visitas é recomendable inscrición previa, na páxina do facebook “Turismo en Covelo”, no e-mail oficinaturismocovelo@gmail.com ou ben chamando ó 638 015 428, Dando o nome e un teléfono de contacto.

 

Indicar que na web do concello www.concellodecovelo.es están dispoñibles audioguías e trípticos destas rutas de sendeirismo. É importante que a xente que se anime a participar nestas visitas traian roupa e calzado cómodos e unha botella de auga, tamén alimento se a andaina e de longa duración (máis de 3 horas). Por cuestións organizativas, meteorolóxicas ou outras causas de forza maior, poderán alterarse as datas ou suspenderse algunha das visitas planificadas, buscándose outras datas para a súa celebración sempre que foxe posible.

 

Este ano por primeira vez permanecerá aberta para a súa visita o Serradoiro e a Aula da Natureza e do Patrimonio Etnográfico dos Carranos. Todos os venres, sábados e domingos, das 18h. ás 19h. Para máis información: http://concellodecovelo.es/carranos/index.html

Anuncio aquí





<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade