Así, con este obxectivo, levan dezasete anos traballando de xeito totalmente altruista dende a pequena aldea de Piñeiro de Arriba, en Covelo, que revive coa chegada de Artealdea para acoller a persoas chegadas de todo o mundo.
Nas tres primeiras xornadas desta edición xa pasaron polo escenario de Artealdea As Retranqueiras de Barcia de Mera; o espectáculo de Maica Álvarez, Queimada Cabaret, e, Toma de Terra-Electroserán, de Eva Outeiro. Tamén deleitaron os sentidos do público os artistas arxentinos Juan Carlos Cambas, Julio Tere, Nestor Martín, Leo Amoroso, Patricia Carlasara Spilere e Daniel Castelli. Houbo clases de baile galego con Zita Florentino e performances e obradoiros para as máis cativos e cativos. Tamén vivimos a música con Rianxeira e Michaela e as súas cancións para o recordo ademais de gozar co recital poético de Eloy Portela Amor por mi tierra e as sesións de rap con The Last Row.
Como cada día, abren o programa as sesións de ioga de Alex Méndez ás 10 horas na campa dos columpios seguidas do taller de cerámica de Lourdes na Casa das Botellas ás 11 horas. Hoxe martes día 1 de agosto tivo lugar a excursión ao bosque máxico e, xa pola tarde, ás 18:30 comezarán os xogos e obradoiros infantís. Ás 20 horas será a actuación de Mateo Gil, Daniel Castelli e Antonio Castillo. Ás 21:30 horas actuará Héctor Rial e novamente pechará a sesión o micro aberto da Cova, como cada noite ata o final desta XVII edición.
Mañá mércores día 2 volve ás 11 horas o obradoiro de baile galego e ás 18:30 horas o paiaso Pepón porá a nota de humor. Tielas dirixirá á Agrupación Musical da Limia Esmuli ás 20 horas para dar paso a unha nova sesión de cancións para o recordo. Ás 21:30 chega o momento Bailoca cunha mestura musical que vai dende o flamenco ata Michael Jackon con sorprendentes performances.
O xoves 3 de agosto ás 11 horas terá lugar o campionato de xadrez con Burujabeak que tamén dirixirá a realización do mural colaborativo de Artealdea a partir das 17 horas. Ás 18:30 horas comezan os shows infantís; ás 19:50 horas a sesión de teatro con Arritmia de Leonel Giacometto e ás 21:40 chega a percusión afrobaiana de Xurxo Troncoso con Alentea Batuke.
A telepatía e as capacidades sobrenaturais chegan a Artealdea da man de Burujabeak o venres día 4 ás 17:30 horas, a continuación actividades de animación e ás 20 horas performance Folkcorop Lab porá en escena As árbores de Piñeiro. Ás 21:15 actuará Sonia Vargas con Volta ao campo de Sor Marijuana. A guitarra española e flamenca soará con Óscar Gallardo e co seu espectáculo Armonia en Vivo ás 22 horas.
A visita á praia fluvial dos Patos será en coche o sábado día 5 ás 11 horas. A esta mesma hora comezará o obradoiro de no que tecerán unha alfombra circular con camisetas recicladas. Pola tarde a partir das 17:30 horas traballarán no mural colectivo; ás 18:30 horas cita con Breaking Vigo; ás 19 horas será o concerto de Sueño de Calíope; ás 20:30 danza extracórporea con Folkorp seguida de cancións para o recordo e ás 21:30 Nova Trova Cubana. O dúo flamenco Leisa actuará ás 22:15 .
Unha ginkana nutrirá a programación do domingo 6 de 11 a 13:30 horas e de 14 a 16 horas será a gran comida popular na que participará o público, as persoas colaboradoras, artistas e organización cunha contribución de 6€ por persoa. A mostra dos produtos realizados nos obradoiros abrirá de 17 a 18 horas. Ás 18:30 horas haberá actuacións musicais ata as 21 horas con música popular e tamén freestyle para dar paso xa a gran queimada que pechará o programa.
Pero a programación da XVII edición de Artealdea non remata aquí, o venres día 12 de agosto de 10 a 14 horas Marta Martula impartirá o obradoiro de de Clown. Ás 11 horas e ata as 14 horas Helena de Kafteria ofrecerá totalmente de balde un taller de costura. De 11 a 18 horas volve o taller de cerámica. Este día tamén haberá clases de baile galego e de tango a partir das 12 horas.
Artealdea nace en 2007 cando a sensibilidade de Gigi, nado en Bilbao, detecta a necesidade dun encontro anual que conserve e difunda o folclore popular. Cada ano este festival atrae a centos de persoas ao rural da montaña galega, máis concretamente a Piñeiro de Areas, ao pé da Serra do Suído. Cristina Maniglia Perasso (Francis) acompáñao na súa viaxe a través da recuperación da sabedoría das xentes. Ela é directora de escena, desen?adora de iluminacio?n e decoradora, adema?is de cantante, bailarina e actriz de longa traxectoria en teatro e en o?pera, con amplia formacio?n arti?stica e te?cnica.
As persoas que queiran ampliar información poderán facelo na páxina web de Artealdea