Actualidade e Noticias



A Universidade Senior de Monçao coñeceu o patrimonio material e inmaterial de Covelo da man da asociación Río Xabriña de Paraños
- 30/04/2023 -

O alumnado da Universidade Senior de Monçao, convidados pola asociación cultural e deportiva Río Xabriña de Paraños, visitaráou o conxunto abacial de Barcia de Mera, o serradoiro dos Carranos e a parroquia de Paraños onde celebraron unha festa para entrar en contacto coa música tradicional
A asociación cultural e deportiva Río Xabriña de Paraños fai un balance positivo da xornada de confraternización e coñecemento do patrimonio de Covelo celebrada no pasado mes de abril na que un grupo da aula de Patrimonio da Universidade Senior de Monçao puido coñecer en primeira persoa a riqueza natural, etnográfica e histórica do noso concello.


Co obxectivo de dar a coñecer o patrimonio artístico, gastronómico e natural así como a música tradicional galega, visitaron o conxunto abacial de Barcia de Mera tendo tempo para facer unha proba da boa acústica da igrexa empregando as súas voces para entonar cantigas en lingua galega e portuguesa. A tuna da Universidade Senior e o grupo Seixos Brancos cantaron para comprobar a sonoridade desta igrexa que cada ano acolle o Ciclo de Música. Dende aí desprazaranseáronse ao Serradoiro dos Carranos e preparáronse para degustar carne ao caldeiro, “unha mostra da nosa cociña tradicional”, explica María José Gallego González, presidenta da asociación Río Xabriña de Paraños.


A asociación Río Xabriña de Paraños quixo agasallar, tamén, á Universidade lusa tempo de lecer cunha pequena festa na casa cultural de Paraños amenizada polo grupo de gaitas Chorima de Vilacoba. Tamén actuou a tuna da Universidade Senior de Monçao e o grupo Seixos Brancos pertencente á asociación local.


Con este evento, que servíu para estreitar relacións ao redor da cultura e do patrimonio, colaboraron o Concello de Covelo, a Cámara de Monçao, a Deputación de Pontevedra e CENSO.


A presidenta da asociación explica que é “fundamental transmitir e dar a coñecer o alto valor do patrimonio tanto material como inmaterial que temos na nosa vila e sentirse orgulloso del porque é rico, variado e abundante”.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade