Actualidade e Noticias



Cine, música e sesión vemú para recuperar a memoria sobre José Gil, grande pioneiro do cinema galego
- 16/04/2023 -

O Concello de Covelo gozou dunha xornada festiva para lembrar a José Gil que pasou parte da adolescencia e xuventude na parroquia da Lamosa, na casa cuartel da Garda Civil, onde o seu pai estivo destinado entre 1881 e 1890
O Concello de Covelo gozou dunha xornada festiva con motivo da chegada do proxecto JOSÉ GIL. PONTEVEDRA, PROVINCIA DE CINE, NA ORIXE DO CINEMA, promovido por Vía Láctea Filmes, coa colaboración de Cine na Rúa e Editorial Galaxia, e apoiado pola Deputación de Pontevedra. JOSÉ GIL (Rubiós, 1870-Vigo,1937) mantivo un especial fío de conexión nos albores da súa xuventude co noso Concello no que pasou parte da súa mocidade.


A xuventude de Gil transcorreu na parroquia da Lamosa, na casa cuartel da Garda Civil, onde o seu pai estivo destinado entre 1881 e 1890. Alí asistiu á escola de Paredes. O ronsel de Gil na Lamosa constátase a través dunha fotografía publicada na revista Vida gallega (25/3/1921) co pé de foto: “En Lamosa obsequian a los viajeros las relaciones de la patria local de Gil”.


Proxeccións, a presentación do libro "Nos días encantados de agosto", de Manolo González (Ed. Galaxia), coloquios e música, nunha sesión vermut na que a Banda de Música de Rubiós, berce de José Gil, interpretou temas que nos van levaron a outro tempo, aínda que semelle o contrario, non tan afastado do noso.


A Covelo arribou tamén o CINEMÓBIL Nº3, museo itinerante a partir do que a explicación sobre a vida e a obra de Gil gaña outra dimensión.


José Gil na Lamosa en 1921 (Covelo)

Coas actividades que nutren esta xira preténdese amosar aos veciños e veciñas das vilas coas que Gil tivo algunha relación na súa andaina persoal e profesional, a importancia do traballo, o talento e o legado do auténtico precursor do cinema galego, inxustamente esquecido.


O alumnado do CEIP Antonio Blanco asitiron no venres á proxección e tomaron contacto co arquivo do cinema máis inicial, aquel que se estaba a crear en Galicia ao tempo que nacía esta arte ao longo de todo o mundo. Para a xeración do audiovisual, os nenos e nenas que nacen e medran rodeados de pantallas e con milleiros de contidos accesibles, está resultando toda unha experiencia asistir aos encontros, proxeccións e coloquios arredor de Gil e o seu tempo.






<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade