Arte e cultura. Patrimonio histórico
Covelo conta cun patrimonio histórico que abrangue dende petróglifos prerromanos ata o cruceiro do Cristo dos Aflixidos, de finais do século XIX, sen esquecer, por suposto, ós artesáns e artistas contemporáneos que viven e traballan no municipio na actualidade.

O agora termo municipal de Covelo, nos tempos do antigo réxime, pertencía á provincia de Tui , unha das sete históricas do reino de Galicia . Promulgado o Decreto de Cortes do 27 de xaneiro de 1822, pasa a formar parte da nova provincia de Vigo , quedando definitivamente integrada na provincia de Pontevedra, segundo Real decreto do 30 de novembro de 1833.
O territorio que agora constitúe o termo municipal de Covelo estaba dividido entre as xurisdicións de Achas, Covelo e Sobroso, que dependían dos Señoríos do Conde de Salvaterra e do Conde de Amarante. Pola súa situación topográfica, composta de profundos vales, elevados montes e cruzado de ríos, e tendo en conta as feiras e mercados existentes, ademais das condicións das comunicacións fixeron que fose constituido como tal o 23 de xullo de 1835. Formado en principio por seis parroquias e posteriormente polas catorce actuais, cunha poboación de 3.600 habitantes.
Como nota anecdótica, salientar que os antigos procuradores de Covelo gozaban do privilexio de non descubrir a cabeza durante as sesións xudiciais. Nos arquivos hai testemuño da importancia histórica deste municipio, que foi un dos máis fortes e prestixiosos de antano.
O Concello de Covelo forma parte da bisbarra de A Paradanta xunto cos municipios de Crecente, Arbo e Cañiza .
As súas parroquias dependen eclesiasticamente da diocese de Tui-Vigo.
PATRIMONIO HISTÓRICO

A praza principal do municipio, situada diante do concello, é unha das mostras do que Covelo pode ofrecer ó visitante. Nela, e dende 1.899, levántase altiva unha das obras máis destacadas do mestre canteiro Xosé Cerviño, escultor de famosos cruceiros en toda Galicia; o cruceiro,
dedicado ó Santísimo Cristo dos Aflixidos, na súa parte media, ten as esculturas de Salvador e Santiago Peregrino, patrón do municipio, as que simbolizan á industria, a agricultura, as artes e a xustiza.
Na mesma capital municipal pódese visitar o lugar de Castro, no que hai un petroglifo o que se lle establecen posibles relacións co culto solar.
Na arquitectura relixiosa, merece especial atención o conxunto Abacial de San Martiño de Barcia de Mera, a
casa reitoral posúe unha fachada barroca con fantásticas gárgolas e reminiscencias de arte precolombino. A visita ó conxunto arquitectónico desta parroquia, onde se inclúe a igrexa barroca de San Martiño, é referencia obrigada na axenda do visitante, que poderá ademais admirar a Capela de San Xoán do Mosteiro construída pola Santa Inquisición, lugar onde na antigüidade se situou un mosteiro benedictino.
O municipio posúe depósitos arqueolóxicos de importancia, varias pontes medievais de grande interese, igrexas de varios estilos, restos de dous mosteiros, edificacións típicas, (
Os Chozos) cruceiros, petos de ánimas...
Na mesma capital municipal pódese visitar o monte do Castro, dende onde se aprecia unha fermosa panorámica da vila. Na pedra que sostén a cruz atópase cazoletas e un petroglifo próximo relacionado co culto solar. Na tradición oral recóllese unha lenda da que fala dun pasadizo subterráneo que comunica o Castro con Baldomar. "Os camiños do ouro e do veleno" e a "Pedra do Ruído" onde se escoita en ocasións unha forte martelada, son outras lendas que se asocian a este lugar.
Outras manifestacións artísticas, restos arqueolóxicos e lendas ancestrais da cultura popular repártense ó longo dos 124 km cadrados do municipio.
1.
Algúns elementos patrimoniais históricos e monumentais.
ARTISTAS
ARTESÁNS