Atópase na parroquia de S . Martiño de Barcia de Mera . Na portada figura a inscrición "MDCCLII", que fai referencia á terminación da obra.

O interese da arquitectura deste Pazo Abacial, ademais de pola súa situación, a vai incrementado por unha ausencia total de estudios sobre este edificio tan singular.
A Rectoral foi ordenada polo abade Alberto Barreiro e Belo. En 1566, dicíase que a parroquia é do padroado e provisión dos monxes cistercenses do mosteiro de Melón. Barcia de Mera foi lugar de parada e descanso para o transporte de mercadorías provenientes de Sta . Eugenia e Sta . Marta de Vigo , onde tiñan dereitos xurisdiccionais os monxes de Melón.


Os antigos rexedores e procuradores do Pazo gozaban do privilexio de "estar cuberto durante as sesións".
A Rectoral de Barcia de Mera é unha das construccións máis atractivas e sorprendentes que poden atoparse na provincia e, pola súa arquitectura, única en Galicia . Nela destacan a exuberancia barroca da súa fachada e a austeridade do resto do edificio. Enriba do portalón existe un frontón de arco deprimido, partido na parte central con posibles inspiracións aztecas. O " atlante " que a remata é un aborixe de América, réplica do xigante da mitoloxía helénica que, como penitencia pola súa derrota, foi condenado por Zeus a soster o firmamento sobre os seus ombros. A ámbolos dous lados hai dous pináculos graduados de taboleiros superpostos, rematados en bólas e coroamento de piñas. Na portada pódense apreciar as pilastras refundidas, como apoio dun cornixamento ornamentado con lonsajones , dous a cada lado da carteleira central, e dous círculos nos extremos en forma de soles. Na porta hai un enmarque moldurado das xambas, con rectángulos partidos nos ángulos e unha roseta en forma de cruz. No centro, un apoio dun desenvolvemento floral, que recorda as flores de lis .
Na fachada tamén atopamos figuras saíntes, características do Renacemento e do Barroco; destacan no espazo dos arcos do frontón, as dúas aves coroadas, cos seus picos abertos como en actitude parlante . Modalidades dun Barroco que arrastra temas e motivos do atildado plateresco , que pasaron ós recursos pasados para cubrir pequenos espazos.


Aínda se admira na antiga casa parroquial a monumental cociña cunha orixinal e esvelta cheminea cilíndrica; a orixinalidade do aproveitamento da auga para mover o muíño, formando parte da edificación prioral ; é a estructura da corte, que nos recorda as cortes, salvando as súas dimensións, dos mosteiros de Oseira , Sobrado dos Monxes , Acibeiro e S . Martín Binario.