|
L.I.C. significa Lugar de Importancia Comunitaria (da Unión Europea). Do mesmo xeito que a cunca do Tea posúe hábitats e especies de interese natural, moitos outros espazos de valor natural noutros
países de Europa tamén son LICs. Todos xuntos conforman a chamada Rede NATURA 2000.
O recoñecemento dese valor natural e patrimonial débese principalmente á presenza de hábitats de
interese comunitario, como o estenso bosque de ribeira do val, as carballeiras e as especies animais
características deses entornos. Tamén existen endemismos, que son especies animais ou vexetais de
distribución bioxeográfica limitada a un ámbito específico, o que incrementa o seu valor e a necesidade
de conservar este ecosistema.
Este rico patrimonio natural e cultural pode ser o cerne dun desenvolvemento sostible para a poboación
local, aquel baseado na explotación duradeira dos recursos, respetuosa e integrada ambientalmente
co medio natural.
O Río Tea. Red Natura 2000
Proxectos de recuperación do patrimonio natural e cultural
¿Qué visitar?
|